PRESENTACIÓN

O Concello de Boiro pertencente a provincia de A Coruña, está situado na parte sudoeste da mesma, na marxe Norte da asocairada Ría de Arousa.
Con preto dos 20.000 habitantes (19.060 censados 10/2.014), sitúase como o segundo concello máis poboado, -Riveira é o primeiro-, dos oito que integran a bisbarra da Barbanza, sendo o terceiro en extensión con 86,15 Km2 detrás de Porto do Son e Lousame e por diante de Riveira, Noia, Rianxo, A Puebla do Caramiñal e Dodro.
A Parroquia de Sta. María do Castro ten unha superficie de 392 Has. e alberga no seu conxunto unha poboación de perto de 3.000 habitantes (arredor dunhas 750 familias) das que a maioría conforman o núcleo de Cabo de Cruz. Das oito parroquias que conforman o término municipal, e a que acusa unha maior densidade poboacional, feito que se ve incrementado durante as épocas vacacionais, debido á grande afluencia de visitantes que se achegan a disfrutar das múltiples posibilidades que o entorno lles ofrece.
Goza dunha situación económica que poderíamos calificar de moderadamente boa, propiciada se cadra polo crecemento nos últimos anos do sector marítimo –pesca, marisqueo e acuicultura-: apróximadamente un 90% da poboación da parroquia vivie vinculada ó mar, ben directamente (sector extractivo) ou indirectamente (sector transformador).
A importancia do mar no progreso e avance económico do Cabo de Cruz vese reflectido nas diversas Asociacións Profesionais e Empresariais radicadas no Porto do Cabo da Cruz: Cofradía de Pescadores, Agrupación de Productores Mexilloeirosde Cabo de Cruz (ASPROMECRUZ), Asociación de  Productores Mixilloeiros Ría de Barraña (AMEBARRAÑA), Asociación de Mexilloeiros “A BOIRENSE”.

Entrada Máis Popular