Consello Parroquial

Consello Parroquial de Santa María do Castro (ver noticia)

Presidente deste órgano, será o presidente da AA/VV "A UNIÓN" no momento da súa convocatoria;

Titulares membros da xunta de goberno do Consello Parroquial:

Serán os presidentes das seguintes asociacións, no memonto da súa convocatoria:
·        Asociación de Veciños “A Unión”

·        Asociación de Veciños do Esteiro “A Marxa”

·        Asociación de Pais e Nais do Colexio do Castro “Loureda”

·        Asociación de Produtores Mexilloeiros “A Boirense”

·        Asociación de Festas do Carme do Cabo da Cruz

·        Comunidade de Usufruarios do Cemiterio do Castro

·        Representante do Concello de Boiro: Condelleiro/a de Participación Cidadá.

Si ben, no seu día quedaron estas asociacións como as integrantes da xunta de goberno, o certo é que, ante calquera convocatoria feita polo asociacionismo de Cabo, teñen igual voto moitas outras representantes de gran número de socios, como:

·        Asociación Cultural e Tradicións Mariñairas “A Gamela”

·        Sociedade deportiva Valiño - Cabo de Cruz

·        Club de Remo - Cabo da Cruz

·        Club náutico Boiro – Marina Cabo de Cruz

.·        Club de Pensionistas e Xubilados Tierra y Mar

·        Cofradía de Pescadores “Virgen del Carmen”

·        Agrupación de Productores Mexilloeiros (ASPROMECRUZ)

·        Agrupación de Mexilloeiros Ria de Barraña (AMEBARRAÑA)

·        Asociación da Exaltación do Mexillón de Galicia

·        Outras: Fiadeira, Biosbardos, Xouxo, Morcego,…




As funcións dos Consellos Parroquiais están determinadas no Regulamento de Participación Cidadá de Boiro, se ben a principal é “que serán as propias asociacións as que xestionen o presuposto asignado á parroquia”, ademais de ser órganos consultivos, interlocutores entre o goberno e a parroquia, e ter facultade para poder intervir nas sesións plenarias.  O coordinador de todos os Consellos Parroquiais é o Concelleiro de Participación Cidadá de Boiro.

Arranxo de Fontes, Parques infantís, A Marquesiña e o Peche perimetral do Colexio, dotación de marquesiñas nas paradas do autobus escolar, etc,  son claros exemplos de obras levadas a cabo co presuposto que éste Consello puido decidir consensuadamente en que empregalo.