Derroteiro

DESDE O ESTEIRO HASTA O CHAZO

O porto do Esteiro queda case en seco en baixamar. Neste anaco de costa destacan “As Marxas” que descubren en baixamar.
Hasta chegar a Cabo Cruz temos: Punta da Granxa, Punta de Montedeira e séguelle a máis occidental, a “Punta Fuciños ou dos Corvos” donde está o chamado, actualmente, “Muelle de Curbera”. Continuamos desde a Laxendeira hasta a ensenada de Cabo de Cruz donde podemos diferenciar o chamado “Muelle Vello” e un novo que parte do “Campo” hacia o Oeste e logo hacia o Norte, quedando a ensenada únicamente aberta ó Norte.
Cabo Cruz e una lingua de aproximadamente 600 m. ó Sur formando outra ensenada con Pta. Piñeirón rodeada de pedras.


Cabo de Cruz
De Pta. Piñeirón para Leste corre a praia de Carragueiros (escrita Carregeros nas cartas náuticas) limitando con ela polo Sur a restingua dos Baos que sae uns 500 m. Ata a Pta. do Chazo a costa despide numerosas pedras e baixos, ainda que se pode destacar a Illa de Abensa ou Benencia a 1.800 metros de dita Pta. Coronada de pedras ten unha lonxitude aproximada de 300 m. continuando hacia o SW por unha restinga que avanza 200 m.
O baixo máis avanzado desta costa é o “Findlay o Moscardiño” a 1.000 m. ó 170º do alto da Abensa. A Pta. do Chazo é sucia e con restinga, destacando “A Barsa”, pedra aislada a 800 m. ó SSE que forma co “O Seixo” ó SE a agostura da entrado ó porto de Vilagarcía.






Entrada Máis Popular